CRTVG

Buscar

Rivera asegura que aínda hai tempo para a investidura se Sánchez rectifica

Publicado o 17/09/2019 19:32

O líder de Ciudadanos, Albert Rivera, mostrouse convencido de que "aínda hai tempo" para que Pedro Sánchez poida ser investido presidente do Goberno, pero ten que rectificar e dar un xiro apoiando a solución "constitucionalista" que lle expuxo o partido laranxa.

"Temos a obrigación de tentalo e imos pelexar ata o último minuto", dixo Rivera nunha conferencia de prensa no Congreso tras reunirse co Rei na rolda de contactos tras a que se decidirá se se convoca un pleno de investidura.

Así llo trasladou ao monarca, insistindo en que as tres condiciones que expuxo para unha abstención técnica "son perfectamente asumibles" para un constitucionalista. Se Sánchez non asume por escrito eses compromisos e rectifica, advertiu Rivera, Cidadáns non se moverá do "non".

 

Noticias web

17/09/2019