CRTVG

Buscar

Rivera apremia a Sánchez a aplicar o 155

Publicado o 16/10/2019 20:26
Rivera apremia a Sánchez a aplicar o 155

O líder de Ciudadanos, Albert Rivera, apremou este mércores ao Goberno para aplicar o artigo 155 en Cataluña co obxectivo primeiro de "cesar" ao president da Generalitat, Quim Torra, ao que hoxe todos os españois viron sumándose aos separatistas "cortando autoestradas". Nunha comparecencia ante a prensa no Palacio da Moncloa tras reunirse co xefe do Executivo, Pedro Sánchez, tamén reclamou ao Executivo que envíe a todos os policías e gardas civís dispoñibles para "axudar" a Cataluña co obxectivo de "blindar" esta comunidade "ante o tsunami de violencia". A xuízo de Rivera, é necesario "un plan de Estado" para garantir que "a xente deixe de ter medo" en Cataluña e devólvaselles "a esperanza e a seguridade".
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/10/2019