CRTVG

Buscar

Rivera aparece nas listas electorais como Alberto Carlos Rivera, o seu verdadeiro nome

Publicado o 27/03/2019 20:45
Rivera aparece nas listas electorais como Alberto Carlos Rivera, o seu verdadeiro nome

Ciudadanos equivócase co nome co que o seu líder aparece nas listas electorais. A candidatura publicada hoxe no BOE identifícao como Alberto Carlos Rivera. Ese é o seu nome real, aínda que en anteriores eleccións o presidente de Ciudadanos sempre se inscribiu co de Albert, polo que é coñecido. Fontes do partido din que se trata dun erro que arranxarán nas vindeiras horas.

Noticias web

27/03/2019