CRTVG

Buscar

Rivera afirma que respecta o resultado e nega que se posicionase a favor de Clemente

Publicado o 12/03/2019 15:20

O gañador das primarias de Ciudadanos en Castela e León, Francisco Igea, valora hoxe a que cualifica de "exquisita neutralidade" de Albert Rivera no proceso. Nega enfrontamentos coa dirección e afirma que ninguén lle pediu que incorpore ao seu equipo a súa contrincante, Silvia Clemente, aínda que si contará cos militantes que a apoiaron.

"Ese 47% dos militantes e votantes hai que contar con eles, naturalmente. Outra cousa é o papel que ten cada un na estratexia a na mensaxe política".

O presidente de Ciudadanos asegura que non se posicionou a favor da outra candidata, Silvia Clemente, ex-militante do PP, e mostrou o seu respecto polo resultado final: "Respecto absoluto polo resultado. Apoio, e pídolles a todos os militantes do partido que apoien o candidato que saíu elixido, Francisco Igea, eu tamén o vou facer. Farei campaña con el e co resto de compañeiros. E tamén respecto profundo polo 47% de militantes que apoiaron a Silvia Clemente".

Igea pide que se busque unha explicación aos 82 votos nulos que causaron o cambio no resultado. O secretario de Comunicación de Ciudadanos en Castela e León, Pablo Yáñez, xa presentou a súa dimisión.

Noticias web

12/03/2019