CRTVG

Buscar

Rita Maestre e cinco edís de Carmena apártanse das primarias de Podemos

Publicado o 12/11/2018 18:38

A voceira do Goberno municipal de Madrid, Rita Maestre, e outros cinco concelleiros pertencentes a Podemos apártanse das primarias que vai celebrar a formación con vistas aos comicios locais de 2019. Con este proceso, Podemos prevé sumarse á candidatura da actual alcaldesa, Manuela Carmena.

Esta circunstancia complica a negociación dunha candidatura conxunta liderada pola rexedora municipal.

Maestre e os outros concelleiros consideran que Podemos os relegou a postos baixos na lista confeccionada polo secretario xeral de Podemos Madrid Cidade Julio Rodríguez, ex-xefe do Estado Maior da Defensa.

Noticias web

12/11/2018