CRTVG

Buscar

Risco nos concellos galegos da fronteira con Portugal

Publicado o 24/01/2021 15:08

Dende a distancia, Portugal obsérvase con tristura, pero tamén con medo.

Portugal achégase aos 600.000 casos, unha situación dramática en que se propaga a variante británica cun 20 % de prevalencia, e onde xa se dá a cepa brasileira, ambas moi contaxiosas. Á outra beira do Miño, nos concellos galegos da raia, onde a situación tampouco é boa, temen máis contaxios.

Portugal leva semanas cun confinamento similar ao de marzo. As últimas en pechar foron as escolas e as universidades. O movemento de persoas a unha e outra beira da raia é case inexistente. Así estaba esta mañá Vilanova de Cerveira.

Todos os concellos da raia do sur da provincia de Pontevedra están en nivel máximo de restricións e illados perimetralmente. Dende a distancia, galegos e portugueses agardan a unha nova normalidade tras esta dura e previsiblemente longa terceira onda.




 

Noticias web

24/01/2021