CRTVG

Buscar

Risco de liquidación de Dia se non prospera a oferta de compra lanzada por un investidor

Publicado o 23/04/2019 18:10

O conselleiro delegado dos supermercados Dia alerta do risco de peche se non prospera a oferta de compra lanzada polo investidor ruso Mijail FridmanOs accionistas teñen ata o día 30 para decidir se aceptan os 67 céntimos por acción que ofrece o magnate. De momento, só o fixeron os propietarios de menos do 5% do capital, lonxe do 50 % a que está supeditada a oferta.

O grupo Dia arrastra unha débeda de 900 millóns de euros. A súa supervivencia ten en ascuas os seus 26.000 traballadores en España, 1.300 deles en Galicia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/04/2019