CRTVG

Buscar

Rinlo non é parroquia para fumadores

Publicado o 21/10/2019 20:04

Malia ser un dos lugares que máis turistas atrae da provincia de Lugo, na parroquia de Rinlo non é posible mercar tabaco. Na aldea non hai estanco e os hostaleiros decidiron deixar de vender cigarros por diferentes motivos. Así, quen desexe fumar terá que desprazarse a Ribadeo a mercar tabaco. Esta situación é ben vista polos veciños e os visitantes.

As cabichas que se ven nos miradoiros do porto de Rinlo, en Ribadeo, non son de cigarros mercados na vila. Ningún dos establecementos comerciais vende tabaco, non hai estanco e os cinco locais de hostalería decidiron por diferentes motivos retirar as máquinas expendedoras. Non é que non se poida fumar, senón que se fai imposible mercar tabaco. O lugar é un dos máios visitados da provincia de Lugo polas características do seu porto e pola especialiadade en arroz coldoso dos seus restaurantes pero esta ausencia de tabaco no afectou para nada ao turismo e mesmo os visitantes están conformes con non poder mercar cigarros.

"Era a mellor opción nun sitio tan pequeno e tan fermoso. Ademais, tampouco supoñía moito beneficio ter as máquinas de tabaco no local. Melor así". "Eu estou deixando de fumar. Fumaba cinco paquetes. Vexo ben que non se venda tabaco porque fumar é malo".

Hai anos xa se presentara unha iniciativa para que os restaurantes non vendesen tabaco. Daquela non callou, pero co paso do tempo os donos dos establecementos decatáronse de que a non venda tiña máis vantaxes ca inconvenientes. Agora queren concienciar os visitantes para que non tiren as cabichas ao chan e o lugar ofreza o mellor aspecto posible.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/10/2019