CRTVG

Buscar

Galicia Noticias Mediodía

Ringleiras de turistas nas administracións para mercar lotería de Nadal en Santiago

Publicado o 07/08/2018 14:24

Se lles falamos de comprar lotaría de Nadal en pleno mes de agosto, seguro que pensan que queda aínda moito tempo para iso. Pero os turistas e peregrinos en Santiago xa aproveitan as súas vacacións para comprar algún décimo. A demanda fai que xa se formen ringleiras diante das administracións.

"Ola, boas! Quería lotería de Nadal". Esta é a frase que máis se repite ao longo de toda a mañá nesta admimistración número tres de lotaría da Porta Faxeira en Santiago. E é que en pleno mes de agosto as vendas para o sorteo de Nadal dispáranse entre turistas e peregrinos.

De Barcelona, de Madrid, de Sevilla, de Cádiz, de Vitoria e mesmo de Venezuela, son as procedencias dalgúns dos compradores que atopamos esta mañá.

As ringleiras ante a administración son continuas durante toda a mañá porque é difícil resistirse ante esta publicidade: E se cae aquí?

O desexo é para todos o mesmo, igual algún deles leva o número da sorte.