CRTVG

Buscar

Rimas e actitude na 'Batalla dos Galos' do Marisquiño

Publicado o 13/08/2017 14:17

A pasada noite tivo lugar a tan esperada ''Red Bull Batalla dos Galos'' onde catro rapeiros intercambiaron rimas ante 13.000 espectadores

O Marisquiño esperta este domingo despois dunha longa xornada de competición, música e sobre todo moita festa. A pasada noite tivo lugar a tan esperada ''Red Bull Batalla dos Galos'' onde catro rapeiros intercambiaron rimas ante 13.000 espectadores para gañarse un posto na final nacional de Madrid.

Entre eles estaba o galego Greensoul, que finalmente non puido facerse con ese pase para a final, saíndo vencedor o rapeiro mallorquín Vegas.

De calquera xeito unha cousa queda clara, e é que os rapeiros galegos van dar moita batalla.

Malia a axilidade natural que despregan estes rapeiros, as regras para facerse un oco no mundo da improvisación están claras.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/08/2017