CRTVG

Buscar

Richard Barral: "Vai custar moito que perdamos un partido"

Publicado o 18/05/2020 21:03

Richard Barral tomou a palabra na primeira xornada de regreso ao traballo de grupo no Deportivo. O asesor do presidente Fernando Vidal luciu todo o seu optimismo respecto á salvación do club herculino cando volva a liga: "Teño a sensación de que imos ser o mellor equipo neste tramo final. Eu teño un optimismo total, vai custar moito que perdamos algún partido", asegurou Barral.

Segundo o asesor deportivo, o equipo está en mellores condicións cós seus rivais pola permanencia para afrontar un ritmo de partidos tan alto como o que agarda nos vindeiros meses: "Nós ímonos ver favorecidos porque temos un equipo amplo e un fondo de armario importante con xente que non está gastada no aspecto físico con moita carga de partidos", considera Barral.

O meirande problema para o club herculino vai ser a obiriga de xogar os partidos en Riazor a porta pechada: "A afección do Dépor, con 25.000, 26.000, 27.000 seareiros que houbo nos últimos partidos, xa vas gañando 1-0 con eles. Imos ser nese aspecto o equipo máis afectado".

Noticias web

18/05/2020