Ricardo Ramilo: "Volvería mañá ao Dakar, pero cun equipo galego"
Ricardo Ramilo regresa do Dakar cun sabor agridoce, convencido de que lle fallou o equipo. E está disposto a volver mellor acompañado.
Ricardo Ramilo: "Volvía mañá pero cun equipo galego. Xa contactei con amigos e estou desexando que chegue o mes de xaneiro".
Colleulle o punto ao seu bugi despois de pasar a dureza das primeiras etapas: "En canto arranxamos o turbo fixemos tempos como os dos mellores".
Na segunda semana a aventura finalizou abruptamente. Malia a axuda duns afeccionados locais ..O copiloto e resto do equipo convencérono para abandonar ante unha avaría grave: "Alucinaba porque eu viña competir no Dakar".
Xa fóra de competición produciuse a rocambolesca ruptura total co copiloto. Toda a experiencia serviulle para creer que pode rematar o Dakar e ademais facer un bo papel.
"Vistes que Carlos Sainz tamén comete erros, pero non cometería moitos máis".
Promete volver o ano que vén, con outro Dakar competido e contado desde o deserto.
"Boas noites e ata mañá".