CRTVG

Buscar

Telexornal Mediodía

Ricardo López será o adestrador do Racing de Ferrol

Publicado o 02/01/2018 15:16

E o Racing de Ferrol xa ten novo adestrador. Trátase do ex-gardameta Ricardo.

Porteiro formado no Atlético de Madrid, Ricardo chegou a xogar no Manchester United antes de triunfar en Osasuna e Valladolid. Esta tarde será presentado. No Racing vivirá a súa estrea como técnico. Ata o de agora fora adestrador de porteiros no Bruxas e tamén da selección do Xapón a carón de Javier Aguirre.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí