CRTVG

Buscar

Ribeira sobe ao nivel máximo de restricións tras unha semana en vixilancia

Publicado o 16/12/2020 15:14

Ribeira era un dos concellos que estaba en estreita vixilancia desde a semana pasada. Sobe ao nivel máximo de restricións porque o incremento de casos rexistrados é alto. Multiplicou por máis de dous os casos rexistrados a 14 días.

O nivel máximo de restricións non sorprende na vila. Hai unha semana tiñan 24 casos. Agora achéganse aos 80.

"Como sigamos así imos chegar aos douscentos e pico de Boiro", laméntanse na rúa.

Pechado perimetralmente, non se poderá saír nin entrar, se non é por causa xustificada. E a decisión acéptase con resignación.

 "Antes estiven pechado no barco e agora pechado aqui", dinos un mariñeiro.

Os veciños apuran as últimas consumicións no interior dos locais. Agora só terán servizo de terraza ao 50 %, e ata as cinco da tarde, cun grupo máximo de catro persoas. Os hostaleiros lamentan ser sempre os maís prexudicados.

O comercio agarda unha tarde activa, de compras de última hora. 

Noticias web

16/12/2020