Ribeira rompe a tendencia á baixa e suma dez positivos de covid na última semana
Despois de días de mellora, Ribeira volve retroceder. Novos casos de covid que sitúan o concello cunha elevada incidencia.
Manuel Ruiz Rivas Alcalde de Ribeira "Despois de seis días baixando onte tiñamos unha pequena repunta, hai moita xente que segue sen vacinarse en idades novas e os mozos teñen outra forma de convivir"
Ante informacións da prensa que apuntaban a que persoas con covid non gardaban corentena e saían a facer compras, desde o Concello piden responsabilidade.
Manuel Ruiz Rivas Alcalde de Ribeira "Hai moita xente que sufre na súa saúde pero tamén na súa economía , o feito de estar restrinxidas actividades o mellor é cumplir, quedarse na casa e ser sobre todo solidarios cos seus familiares e co resto da poboación."
Os veciños cren que non se pode baixar a garda porque a situación non é boa.
Ao novo punto habilitado pola Xunta na lonxa para a realización de probas de antíxenos acudiron o sábado 397 persoas entre as que se detectaron dous positivos.