Ribeira instala unha cabina de desinfección na entrada do cemiterio
Publicado o 29/10/2020 14:46
Para garantir a seguridade de todos os veciños no Día de Defuntos, o cemiterio de Ribeira instalou na entrada unha cábina de desinfección que conta cun termómetro e xel e ademáis axuda a regular o acceso ao interior.
Esta iniciativa está a ser moi ben recibida.
A pesar da situación, a xente quere acudir aos cemiterios nesta datas tan sinaladas e desta maneira faino dun xeito máis seguro.
A partir de mañá reforzarase a seguridade coa presenza da Policía Local e Protección Civil en todo o recinto.