CRTVG

Buscar

Ribeira e Rianxo aumentan as restricións

Publicado o 21/04/2021 15:04

Os ribeiráns aproveitan para tomar o café ao abrigo dos bares, a partir do venres só poderán facelo nas terrazas.

Algo máis optimistas son na cafetería de Juan, onde confían en que este novo sacrificio sexa cuestión de días.

Arestora Ribeira ten 48 casos activos, 6 no colexio de Palmeira, onde se pechou unha aula. O Concello pide extremar as precaucións, reducindo as reunions sociais das que saen a maioría dos contaxios.

Unha mensaxe que traslada a toda a comarca da Barbanza en que, malia que se está estabilizando a situación, o virus viaxa rápido entre concellos.

Noticias web

21/04/2021