Ribadeo pesca con cana de bambú
En Ribadeo, clientes dun cámping de Rinlo practican pesca con canas de bambú. Un aparello sinxelo que non precisa máis que sedela, anzol e engado e que estivo a piques de desaparecer a favor das modernas canas.
Un activo defensor deste tipo de aparello ofrece a posibilidade de aprender esta técnica durante as fins de semana do verán.
Dispostos a gozar dunha xornada de pesca, o grupo achégase a primeira liña de costa. Van pescar utilizando unha cana tradicional, sen carrete, como as que se empregaban hai anos nos cantís próximos á costa.
Tódolos veráns, Pedro invita aos clientes do cámping a pescar con este tipo de cana. Manexala parece doado. Iniciativas coma esta son unha forma de divulgar un aparello tradicional que a piques estivo de desaparecer.