CRTVG

Buscar

Ribadavia comeza coas novas restricións e un cribado con 600 probas PCR na vila

Publicado o 14/11/2020 14:19

Ribadavia comeza a primeira xornada de peche perimetral do municpio e coas novas restricións. Só se permite entrar ou saír do concello por motivos xustificados como os laborais, sanitarios ou educativos. A hostalería está pechada e mantéñense só as actividades esenciais. O alcalde da vila pide responsabilidade e disciplina.

Nun concello con 5.000 habitantes e 39 casos nos últimos 14 días o comité clínico tomou a decisión de endurecer as restricións da vida social para conter os contaxios.

A maioría dos bares están pechados, pero tamén hai quen decidiu apostar por manter o servizo para recoller no local ou servir a domicilio.

Con 62 casos activos, 5 menos ca onte, Ribadavia e Xinzo de Lmia son os dous concellos da provincia de Ourense que se manteñen no nivel vermello de alerta. Por iso, en Ribadavia comezan hoxe co cribado aleatorio con probas a 600 veciños e veciñas e mañá faranse tamén máis dun milleiro en Xinzo.

Noticias web

14/11/2020