CRTVG

Buscar

Ribadavia celebrará a súa Mostra de Teatro

Publicado o 04/06/2020 16:52

A crise da COVID-19 obrigou a mostra a renunciar a súa programación internacional, pero seguirá cumprindo a súa misión de ser o principal escaparate do teatro galego, xusto no momento en que máis o precisa. 

A mostra vai reforzar a programación de espectáculos de rúa e tamén en espazos naturais da comarca. A programación darase a coñecer a finais de mes.

O que si se sabe é que o teatro volverá a Ribadavia entre o 17 e o 27 de xullo. Outro festival que acaba de confirmar a súa celebración é a Mostra Internacional de Teatro Cómico de Cangas, que comezará o próximo 9 de xullo.

 

 

 

 

Noticias web

04/06/2020