Ribadavia, capital galega do teatro na 35 edición do MIT
Un ano máis, e con este xa van 35, Ribadavia convértese na capital galega do teatro. A Mostra Internacional de Teatro é un punto de encontro para as artes escénicas de vangarda, periféricas e comprometidas coa realidade social. Ata o vindeiro sábado queda por diante un amplo e diverso programa con 24 espectáculos de cinco nacionalidades, entre elas, México, Francia, Arxentina ou o Congo.
35 anos da Mostra de Teatro de Ribadavia e dez anos dun novo ciclo, pero a mesma vontade de explorar os xéneros das artes escénicas. Coproduccións galegas e estreas internacionais que só se poden ver no páis grazas á MIT.
Teatro comprometido coa realidade social que interpela ao espectador. No caso de Amarillo dos mexicanos Teatro Línea Sombra aborda as políticas migratorias e obríganos a pensar e a identificarnos co outro.
Poderemos vela hoxe ás 11 da noite no Auditorio do Castelo. E ata o proximo sábado, 24 espectáculos de 5 países.