CRTVG

Buscar

Riazor despide a temporada cunha sonora protesta malia a petición de Seedorf

Publicado o 14/05/2018 09:56

Antes de xogar ante o Vilarreal Clarence Seedorf pediu que ninguén fose a Riazor enfadado ou a asubiar aos xogadores do Deportivo. Ben, xente foi pouca, case trece mil na peor entrada da temporada en Liga. Pero todos ou a gran maioría foron enfadados. Este foi o partido que se viviu na bancada.

Na peor entrada da Liga, Riazor transformouse nunha especie de coliseo romano cos xogadores facendo de gladiadores á espera de sentenza. As primeiras protestas só tardaron un minuto en chegar. Castillejo clavou a pelota na escadra e o público comezou a tomala cos xogadores e a directiva.

O malestar foi en aumento cando Trigueros fixo o cero a dous á media hora de xogo. 
Os blues pasaron a centrar as súas iras no consello de Administración e na presidencia.

Nos últimos segundos do primeiro tempo, Castillejo puxo o cero a tres co que se recrudeceron de xeito sarcástico os cánticos contra os xogadores.

A segunda metade, cos blues fóra do estadio en sinal de protesta o Deportivo conseguiu recurtar diferenzas.

Pero o tanto final de Cherisev reactivou aos descontentos que emitiron a súa sentenza. Riazor despedía a temporada con música de vento.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/05/2018