CRTVG

Buscar

Riazor converteuse nun campo propicio para os visitantes

Publicado o 24/03/2019 15:01

O Deportivo non gaña en Riazor desde o 20 de xaneiro ante o Albacete. Era a xornada 22, visitaba A Coruña un rival directo e os de Natxo González convencían a súa afección. Dende aquela o equipo comezou o seu declive como local. Ata esa xornada os brancoazuis conseguiran na súa casa 27 dos 33 puntos en xogo, é dicir o 82%. A partir desa data tan só acadaron 4 puntos dos 15, o 27%.

Didier Moreno R. C. Deportivo "Nas últimas datas non sumamos de tres e non mostramos un xogo fluído como acostumábamos a facelo pero temos marxe de mellora"

Nos últimos cinco partidos ante a parroquia deportivista puntuaron Tenerife, Nástic, Alcorcón, As Palmas e Almería. O fortín de Riazor pasou a ser un campo favorable para os rivais.

Vítor Silva R. C. Deportivo "O equipo está un pouco ansioso, un pouco precipitado, pero non é o mellor momento da temporada"
Didier Moreno R. C. Deportivo "O potencial que temos e o que podemos dar xa o demostramos, entón volver recuperar esa memoria gañadora e esperemos no seguinte partido comezar a sumar de tres"

O vindeiro compromiso será en Oviedo, na visita ao Carlos Tartiere podería reaparecer Carlos Fernández. O sevillano xa lles marcou aos asturianos na primeira volta, semella que o Dépor precisa dos seus goles.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/03/2019