CRTVG

Buscar

Rianxo trata de recuperar a tranquilidade pero a actualidade informativa non llo permite

Publicado o 13/01/2018 21:26

Rianxo vive dúas semanas de desacougo tras a detención do seu veciño José Enrique Abuín e todo o que veu despois. O horror do sucedido situou a vila mariñeira no foco informativo de todos os medios de comunicación de España. Hoxe o seu alcalde, Adolfo Muíños, revindicaba os valores culturais da parroquia de Asados. 

A veciñanza de Rianxo trata de recuperar a tranquilidade cotía da vila mariñeira, pero cada día transcenden novos datos do sumario do caso de Diana Quer que volven poñer a localidade no punto de mira informativo. 

A aldea onde vivia Enrique Abuín e onde apareceu o corpo da moza madrileña volve á normalidade. O alcalde do concello reivindica os valores culturais da parroquia de Asados.

Os servizos do concello están a dar apoio ao círculo familiar de Enrique Abuín, segundo confirmaba o alcalde.

Rianxo viviu tres días de loito oficial, pero o desasosego de saber que o autor confeso da morte de Diana Quer era un conveciño continúa.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/01/2018