CRTVG

Buscar

A ría une ou separa Galicia de Asturias? A disputa polo nome aposta polo distanciamento

Publicado o 29/04/2021 15:00

Dende a marxe asturiana da ría din telo claro e van todos a unha. Para eles o correcto é ría do Eo e esgrimen diversos argumentos.

As posturas son moi diferentes na marxe galega. En Ribadeo os veciños defenden que a vila sempre lle deu nome á ría e que está avalado por séculos de historia.

Este debate xa xurdiu en 2008 e determinárase que o topónimo oficial era ría de Ribadeo pero Asturias pide a súa revisión e xa se preparan novos informes.

Agora o asunto está na mesa do Instituto Xeográfico Nacional que deberá aclarar posturas encontradas a ambas as beiras do Eo.