CRTVG

Buscar

Érguese ás seis da mañá para conectarse á súa máquina de hemodiálise por mor da factura da luz

Publicado o 14/06/2021 21:01

O tratamento que precisa Paulino Blanco, este veciño de Cospeito con insuficiencia renal crónica, tamén se viu alterado pola nova factura da luz. Realiza a diario a hemodiálise na casa e antes adoitaba facelo a media mañá, pero agora érguese as seis da mañá para levalo a cabo. Intenta así evitar os sobrecustos da nova tarifa eléctrica.

"Víñame erguendo as 8 ou 9 da mañá, almorzaba con calma e conectábame e acababa sobre as 12 do mediodía que seguía en val. Agora a tarifa val remata ás 8 da mañá e despois xa ven o chan entón érgome ás 6 para conectarme e poder rematar antes das 10", relata Paulino Blanco.

Ademais padece EPOC e precisa destoutra máquina á que ten que conectarse durante toda a noite, unha patoloxía que padecen 300.000 persoas en España.

"Eu por exemplo durmo cunha máquina que che mete aire a presión ao pulmón e iso si que consome. Eu creo que a factura se dispara un 40% e tendo en conta que non soben as pensións pois...", sinala Paulino Blanco.

Denuncia que ninguén pensara en casos coma o seu e que non haxa excepcións para as persoas que por saúde precisan estar conectados a algúnha máquina.
 

Noticias web

14/06/2021