CRTVG

Buscar

Rexorde o tráfico nas vías de alta capacidade que conectan Galicia e Portugal

Publicado o 11/04/2019 18:45

O tráfico das vías de alta capacidade que conectan Galicia con Portugal supera xa o número de usuarios de antes da crise. Unha delas perdera moito tránsito despois de instalarlle peaxes, pero a situación regulouse co tempo.

Aos efectos propios da crise houbo que sumar que en 2009 Portugal instalou peaxes nesta autovía A-28. O número de usuarios foi baixando ata que no 2014 comezaron a remontar, segundo os datos emitidos polo Goberno portugués, e case superar os 53.000 vehículos diarios. En 2018 o incremento afiánzase e foron máis de 58.000 usuarios os que usaron tanto a A-28 e a A-3, son 8.600 máis ao día que hai 10 anos, e segue subindo.

Chegar desde Galicia ao Porto a través da autostrada A-3 custa 8 euros con 85 céntimos. A autovía custa 5 euros menos, pero o método e máis revirado, de aí que despois da instalación houbera tamén un descenso de usuarios que agora semella estar superado.

 

Noticias web

11/04/2019