CRTVG

Buscar

Rexorde o antigo complexo industrial de Sargadelos en Cervo

Publicado o 10/05/2019 21:27

O antigo complexo industrial de Sargadelos, en Cervo, rexorde de novo. Na contorna da antiga fundición, onde quedan os restos dos primeiros altos fornos de Galicia, traballan agora mozos emprendedores. O Concello restaurou as antigas cortes dos cabalos e puxo en marcha un centro de emprendemento con diversos negocios.

Di o propio nome de Sargadelos que é un lugar sagrado, e esta contorna única, chea de historia e natureza, dá boa conta diso.
O seu conxunto histórico-artístico rexorde, e faino da man de emprendedores que apostaron por esta zona rural para montar os seus negocios. Os locais non son outros que as antigas cortes de cabalos da vella fábrica de Sargadelos.

Eles son xa unha familia que recibe aquí cos brazos abertos a quen os queira visitar. A mestura de natureza, gastromía, ocio e divertimento fará deste novo proxecto un lugar de referencia.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/05/2019