CRTVG

Buscar

Rexorde a produción do pemento da Arnoia

Publicado o 26/07/2019 20:36

Esta leira de 1700 metros cadrados é o millor exemplo do traballo que se está a desenvolver para recuperar a produción do pemento en Arnoia. Tradición aquí hai de abondo, pero non esquecen implantar tamén novos métodos de cultivo. O seu obxectivo é revalorizar o seu produto máis emblemático.

Nestes últimos anos o número de produtores chegou a duplicarse, agora superan a vintena, e as perspectivas de cara a colleita deste ano son boas.

O pemento de Arnoia ten selo de calidade dende o ano 2015. Pra quen queira probalos lembren que a súa festa de exaltación celébrase a primeira fin de semana de agosto.
 

Noticias web

26/07/2019