Un incendio causa graves danos nunha nave de embutidos en Vilalba
Vilalba na rede
As brigadas de bombeiros que se desprazaron ata Vilalba controlaron o lume, que aínda seguía activo, tras varias horas de traballos de extinción. As lapas afectaron á nave de xamóns Francisco Otero.
O incendio orixinouse arredor das oito da tarde deste sábado en Vilalba, na contorna da fábrica. Ata o lugar desprazáronse os bombeiros de Vilalba, Lugo, Barreiros e o Eume. Así como a garda civil, policía local, protección civil e efectivos de persoal do Servizo Provincial de Incendios, conforme avanzou o 112 Galicia.
Activouse tamén o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia no nivel 1. O incendio afectaría a toda a nave, segundo fontes da Policía Local.
A @Xunta vén de activar o Plan Territorial de Emerxencias de Galicia #PLATERGA no nivel 1, debido a un incendio declarado nunha fábrica de xamóns en #Vilalba, co fin de garantir a coordinación entre os organismos mobilizados para facer fronte a esta situación de risco. pic.twitter.com/WCZlPKPLNn
— 112Galicia (@112Galicia) May 22, 2021