CRTVG

Buscar

Rexístrase un incendio nunha fábrica de madeira en Ribela, Ourense

Publicado o 09/09/2020 10:40
Rexístrase un incendio nunha fábrica de madeira en Ribela, Ourense

Víanse as lapas a varios quilómetros de distancia. Nas inmediacións de Ourense, en Ribela, comezou a arder descontroladamente un silo a primeira hora desta mañá, nunha fábrica de madeiras por causas que se están a investigr.

Os bombeiros lograron controlalo rápido e as lapas non afectaron demasiado a mercadoría. Non houbo feridos. Os danos localizáronse, fundamentalmente, no serradoiro. No lugar actuaron os bombeiros do Carballiño, o GES do Pereiro de Aguiar e Protección Civil de Coles.

A fábrica está ao lado dunha panadería que tampouco se viu afectada.