CRTVG

Buscar

Rexístrase un incendio na parroquia de Bugarín con 3 focos activos

Publicado o 10/08/2020 21:18

Arredor das sete da tarde do luns rexistrouse un incendio forestal en Ponteareas, na parroquia de Bugarín, que pon en perigo unha zona residencial.

Segundo confirman desde Protección Civil de Ponteareas, o lume ten tres focos activos, e un deles, o que está máis preto das casas, foi sufocado.

Tamén se desaloxou un refuxio de animais. Preocupan agora os outros dous focos que poderían afectar a zona de Pías e a parroquia de Arcos.

 

 

 

Noticias web

10/08/2020