Rexístranse 8 infraccións en Narón por saltar o peche perimetral
A Garda Civil está a realizar controis en distintas estradas da área de Ferrolterra para que os condutores non se salten as áreas perimetrais pechadas.
"Non podemos movernos e en moitos sitios multan", di unha veciña, e outra tamén detalla que desde Narón non poden ir a Ferrol, nin a Fene nin a Cedeira nin á Coruña".
Narón e As Pontes son os dous concellos de Ferrolterra con máxima restrición. A hostalería só pode servir nas terrazas ata as cinco da tarde e cunha ocupación do 50%. Teñen mobilidade perimetral limitada, ao igual que Ferrol, pero non todos as respectan.
"Eu sei de xente que vai a Ferrol traballar e xa aproveita para facer compras", di unha veciña.
Durante a ponte festiva, a Policía Local de Narón formulou un total de 15 sancións. O xefe da Policía Local, Eduardo Pita, explica que oito delas foron por non cumprir o peche perimetral.e seis por non levar máscara, ademais de unha a un local por ter unha mesa no exterior e haber xente consumindo alí.
Así, os axentes informan de que seguirán cos controis aleatorios para vixiar o comportamento da cidadanía.