CRTVG

Buscar

Rexístranse 63 novos positivos na residencia Doral de Mos

Publicado o 22/11/2020 16:35

Novo aumento dos positivos este domingo nos xeriátricos galegos. A maioría dos novos casos rexístranse na residencia Doral de Mos, onde nas últimas 24 horas detectaron 44 novos contaxios entre os anciáns. Hai tamén 10 novos positivos entre os usuarios do centro de discapacidade e 13 casos novos entre os traballadores do centro. O gromo na residencia elévase así ata os 206 positivos este domingo. Convértese no centro máis afectado polo coronavirus en Galicia. Nestes momentos hai en Galicia 513 anciáns infectados, 29 máis ca onte e 220 traballadores, 21 menos. 

 

Noticias web

22/11/2020