Rexístranse cinco positivos na residencia de maiores García Hermanos de Betanzos
Publicado o 10/07/2021 14:35
Desde o oito de xuño, cando se detectou un caso en Sarria, as residencias galegas non comunicaran ningún contaxio de covid-19. Este sábado soubemos de varios casos no centro García Irmáns de Betanzos.
Segundo informou a consellería de Política Social, despois de coñecerse o positivo dun traballador, realizouse un cribado entre os residentes no que se detectaron cinco infectados por coronavirus. Todos están vacinados e en bo estado.