Rexístranse 21.874 novos casos e 71 falecidos, cun descenso da incidencia en España

Segundo pode desprenderse dos últimos datos ofrecidos por Sanidade, este mércores comunicáronse 21.874 novos casos en España, 11.765 nas últimas horas. A incidencia a 14 días continúa baixando e sitúase en 633,07 para o conxunto do país. Onte era de 653,81.
Ademais, no informe de hoxe engádense 71 mortes máis, mentres que na última semana perderon a vida 293 persoas. Dende o inicio da pandemia notificáronse 4.545.184 casos de covid en España e 81.844 falecidos.
Nos hospitais, a situación é a seguinte: hai 10.184 pacientes ingresados. A quinta vaga segue presionando as UCI, onde hai 1.904 pacientes. Nas últimas horas ingresaron máis de 1.400 persoas pola covid. Con todo, as novas altas achéganse ás 1.449. A taxa de ocupación de camas roza o 9 %.
Carolina Darias, ministra de Sanidade: "A incidencia acumulada a 7 días sitúase arredor de 265, o que supón un 40 % menos respecto á de 14 días" https://t.co/mWjbNHRh7P pic.twitter.com/t7sRU6c4wU
— G24 (@G24Noticias) August 4, 2021