CRTVG

Buscar

Rexístranse 20 mortes por coronavirus en España e a incidencia segue nos 43 casos

Publicado o 21/10/2021 18:38

• A Rioxa, próxima a converterse na terceira comunidade en nova normalidade

Rexístranse 20 mortes por coronavirus en España e a incidencia segue nos 43 casos
EP

O Ministerio de Sanidade rexistrou este xoves, con datos achegados polas comunidades autónomas, 1.881 novos casos de coronavirus, dos que 975 foron diagnosticados nas últimas 24 horas, fronte aos 1.285 rexistrados o mércores. Iso eleva a 4.995.176 a cifra total de persoas contaxiadas de covid−19 desde o inicio da pandemia.   

Respecto da incidencia media actual de contaxios en España nos últimos 14 días, o informe mostra que sobe lixeiramente, sitúase nos 43,26 casos por cada 100.000 habitantes, en comparación cos 43,15 notificados onte polo departamento dirixido por Carolina Darias.   

En canto aos falecidos por covid−19, notificáronse 20. Na última semana rexistráronse 67. Isto fai que a cifra global de decesos por coronavirus en España se eleve ás 87.102 persoas.   

Actualmente hai 1.775 pacientes ingresados por covid−19 en toda España e 434 en UCI, aínda que nas últimas 24 horas producíronse 197 ingresos e 236 altas. A taxa de ocupación de camas  por coronavirus sitúase no 1,45 por cento e nas UCI no 4,76 por cento.

Noticias web

21/10/2021