CRTVG

Buscar

Rexístranse 1.033 casos activos nos centros educativos galegos

Publicado o 09/01/2021 16:26

Este sábado coñecemos os datos de incidencia cos que comeza o segundo trimestre nos centros de ensino. Non son casos de transmisión nos colexios, posto que nas últimas  semanas estiveron de vacacións, pero o número de alumnos positivos  e outros membros da comunidade educativa son 1.033, son 187 máis ca antes do Nadal. O colexio con máis positivos notificado é o Compañía de María, de Santiago, con 11 casos. Estes contaxios producironse, segundo as autoridades sanitarias, durante o período non lectivo. As aulas pechadas en Galicia son todas de escolas infantís. 

 

 

Noticias web

09/01/2021