CRTVG

Buscar

Rexistran unha moción de censura contra o alcalde socialista de Tui

Publicado o 02/10/2017 15:44

O Concello de Tui podería cambiar de goberno este mesmo mes. Esta mañá a oposición rexistrou unha moción de censura contra o actual alcalde, do PSOE. Neste momento, o Goberno local está formado por oito concelleiros de catro grupos políticos. A oposición confórmana 9 edís doutros catro partidos, pero dous deles recoñecen que se están a integrar no Partido Popular, que conta coa maioría dos votos. O pleno para debater esta moción celebrarase o vindeiro 17 de outubro. 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

02/10/2017