CRTVG

Buscar

Operativo en Arousa e Pontevedra contra a venda ilegal de ameixa portuguesa

Publicado o 13/03/2018 21:08

Operación contra a venda ilegal de marisco nas Rías Baixas. É unha operación conxunta entre as policías española e portugusa. En concreto da Policía Nacional e Autonómica de Galicia, a Policía Marítima de Portugal e os Gardacostas galegos. Durante estas últimas horas rexistraron varias depuradoras do Grove e de Cambados para atallar a comercialización ilegal de ameixa.

Pero non só aquí, a operación tamén se estende a outros negocios de Galicia, España e Portugal. Poucos datos máis se sabe de momento, pero si que os rexistros se realizaron nuunha depuradora de Tragove, outra no Facho e unha terceira en Rons. Ao parecer, a operación partiría da extracción ilegal de Ameixa en Portugal que, despois, se comercializaría en Galicia. De feito, é un xulgado de Portugal o que solicitou a operación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/03/2018