CRTVG

Buscar

Rexistran a leira duns familiares do home que acosaba a nai do neno Gabriel

Publicado o 09/03/2018 10:06

Nove días despois da súa desaparición na localidade almeriense de Níjar, continúa sen haber ningún rastro sobre o paradoiro do pequeno Gabriel Cruz. A Garda Civil está rexistrando un terreo da familia do home detido por acosar a nai do rapaz.

Aos labores de busca, que se estenden nun radio de 12 quilómetros desde o lugar da desaparición, incorporáronse esta mañá axentes da Policía Local das localidades murcianas de Lorca e Jumilla. O ministro do Interior destacou o rigor e profesionalidade con que traballan as forzas de seguridade e fixo esta recomendación.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

09/03/2018