CRTVG

Buscar

Rexistran a coalición En Común-Unidas Podemos para as xerais en Galicia

Publicado o 16/03/2019 11:35

Anova, a formación fundada por Beiras e dirixida por Antón Sánchez, non se presentará ás eleccións xerais nin en solitario nin na coalición pactada por Podemos e Esquerda Unida. Tamén descarta facelo con En Marea, que irá en solitario, e vaise centrar nas municipais. En Anova din que non se dan as condicións políticas para reeditar a alianza. Para o voceiro de En Marea non é unha ruptura: "Non hai tal ruptura, o que hai é o abandono do barco por parte duns poucos", asegurou.


Fracasadas as negociacións con Anova, Podemos e Esquerda Unida reeditan en Galicia a alianza que teñen con Equo a nivel estatal. Concorrerán co nome En Común-Unidas Podemos, acompañado do logo dos tres partidos. "Unha candidatura que imos traballar en común, que vai levar tamén o corpo de Unidas Podemos e que leva o verde dos compañeiros de Equo, o morado de Podemos e o vermello de Esquerda Unida", explicou o secretario xeral de Podemos-Galicia.

O propio Gómez-Reino encabezará a lista ao Congreso pola Coruña e Yolanda Díaz a de Pontevedra. A imposiblidade de Anova de ocupar o número un nesta provincia puido propiciar a ruptura da negociación entre os tres partidos. Ante a falta de unidade, os alcaldes das principais mareas municipais non participarán na campaña das xerais.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/03/2019