CRTVG

Buscar

Rexistran a Asociación Catalá de Municipios

Publicado o 21/10/2019 20:17

Axentes da UDEF rexistraron durante toda o día a sede da Asociación Catalá de Municipios por presunta malvesación de fondos públicos. En principio, non houbo detidos.

As dilixencias son secretas pero, segundo parece, a policía busca indicios dun suposto desvío de cartos públicos a actividades organizadas polo independentismo, na época en que presidía a asociación Miquel Buch. Un dos pagamentos que se investiga é a viaxe de alcaldes a Bruxelas nun acto organizado por Puigdemont.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

21/10/2019