CRTVG

Buscar

Rexistrado un incendio na Casa da Música de Chantada

Publicado o 10/07/2020 20:57
Rexistrado un incendio na Casa da Música de Chantada

A última hora da tarde produciuse un espectacular incendio na Escola de Música de Chantada. A pesar do aparatoso que poida parecer nestas imaxes, o lume non afectou a estrutura do edificio. Descoñécense, de momento, as causas que provocaron o incendio. Sábese que se iniciou no tellado, de tarima de madeira. Non había ningúen no interior do edificio, e dáse a circunstancia de que unha parte do mesmo ía ser utilizado como centro de votación o próximo domingo