CRTVG

Buscar

Rexeitan o recurso contra a excarceración do pirotécnico de Paramos

Publicado o 18/04/2019 15:56
Rexeitan o recurso contra a excarceración do pirotécnico de Paramos

Francisco González, o pirotécnico propietario dos artefactos que causaron a explosión de Paramos en Tui, seguirá en liberdade. A Xustiza rexeitou o recurso presentado polos afectados contra a súa excarceración, no que tamén solicitaban o seu afastamento da zona de Paramos, alegando á saude emocional das vítimas. Na denegación do recurso a maxistrada ratifícase nos argumentos do auto de liberdade no que impuxo coma medidas cautelares a retirada do pasaporte do investigado e comparecencias quincenais nos xulgados.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/04/2019