CRTVG

Buscar

Rexeitan aprobar a proposta de ERC para despenalizar as inxurias á coroa

Publicado o 14/03/2018 08:33

O Congreso dos Deputados non aproba despenalizar as inxurias á coroa. PP, PSOE e Ciudadanos rexeitaron esta pasada noite a proposta de Esquerra Republicana. A idea de excluír do código penal os artigos que penalizan de xeito especial as ofensas ao Rei a aos seus familiares si foi apoiada por Podemos, PNV e Compromís, que enmarcaron este tipo de actos dentro da liberdade de expresión.

Con 247 votos a favor, o Congreso rexeitou a pasada noite excluír do código penal os artigos que outorgan unha protección especial á dignidade e á honra do xefe do Estado. A proposta chegou ao hemiciclo da man de Esquerra Republicana, que apelou especialmente ao PSOE para eliminar o delito de inxurias á coroa e ultraxe de España.

Pero o PSOE cre que a proposta de Esquerra nin é de esquerdas nin é republicana.
PP e Ciudadanos aliñáronse na defensa de que as inxurias ao Rei non sexan despenalizadas. A proposta de Esquerra contou co apoio de Bildu, Compromís, PNV, PdeCat e Podemos.

Esquerra levaba ao Congreso esta proposta para despenalizar as inxurias ao Rei o mesmo día no que o Tribunal de Dereitos Humanos de Estrasburgo publicou a setenza que contradí ao Constitucional español, e que considera desproporcionado impoñer unha pena de prisión por esta queima de fotos do Rei en 2007. Estasburgo non ve delito de odio e enmarca este tipo de actos na crítica política e a liberdade de expresión, explicou o avogado da defensa, Benet Sallelas.  

Esta noite en Xirona, baixo o lema 'nin rei nin medo', un pequeno grupo de manifestantes reuníanse para celebrar a sentenza queimando de novo fotos do monarca.

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

14/03/2018