CRTVG

Buscar

Rexeitamento ás medidas de illamento en San Paulo, o estado brasileiro máis afectado polo coronavirus

Publicado o 12/04/2020 11:50


Pequenos grupos de manifestantes saíron ás rúas de San Paulo, o estado máis afectado pola COVID-19 no Brasil, facendo caso omiso ás recomendacións do gobernador, que impuxo unha corentena. Manifestaron o seu apoio ao presidente Bolsonaro, que minimiza os afectos do coronavirus, e négase a paralizar a actividade económica. Unha caravana de automóbiles percorreu varias avenidas de San Paulo para facer oír a súa protesta polo confinamento e o distanciamento social que queren impoñer as autoridades.

Aínda que algúns levaban máscaras para protexerse durante a protesta, os participantes non dubidaron en concentrarse en grupos sen atender á distancia mínima de seguridade para previr contaxios.
No Brasil son algo máis de 1.100 os mortos polo coronavirus con algo máis de 20.700 contaxiados, pero o pico da pandemia estímase que poida chegar a finais deste mes ou principios de maio.



 

Noticias web

12/04/2020