Rexeitada a suspensión cautelarísima do peche interior da hostalería navarra

A Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Navarra rexeita suspender de xeito cautelarísimo, é dicir, urxentísimo, o peche interior dos bares e restaurantes da comunidade.
O sector hostaleiro recorreu a decisión do goberno foral, recollida nunha orde ditada o pasado 20 de xaneiro, alegando que lles está a causar importantes perdas económicas.
Porén, o Tribunal considera que non existe unha "especial urxencia" para tomar esta decisión polo que desestima a petición. Polo tanto, vai escoitar a parte contraria, neste caso o Goberno de Navarra, para pronunciarse.
No auto, a Sala sinala que vai dictar en breves datas unha resolución ao respecto. Fontes do Tribunal lembran que os recorrentes (a Asociación de Empresarios de Hostalería e Turismo de Navarra e a Asociación Navarra de Pequena Empresa de Hostalería) xa solicitaron, sen éxito, en dúas ocasións a suspensión cautelarísima.