CRTVG

Buscar

Reviven os anos vinte do século pasado na Festa Modernista de Sada

Publicado o 02/08/2020 15:53

En Sada, celebran hoxe unha das citas festivas do verán, como é a Feira Modernista, que este ano tamén tivo que adaptarse ás necesidades sanitarias que trouxo a covid-19. A festa, que pretende revivir o espírito dos anos vinte do século pasado, concéntrase este ano nunha soa xornada, con medidas de seguridade e ocupación limitada.

Pero non por iso se perde a esencia do evento, coa xente caracterizada coa vestimenta daquela época, a celebración do tradicional PicNic popular, as casas e as fiestras engalanadas . Múltiples actividades culturais e festivas para poñer en valor o patrimonio arquitectónico da vila e revivir o espítito dun tempo xa pasado.







 

Noticias web

02/08/2020