CRTVG

Buscar

Investigan o percorrido da menor agredida sexualmente en Lugo na Noitevella

Publicado o 05/01/2020 13:41

A Policía Nacional indaga as imaxes que poden dar pistas respecto á presunta agresión sexual que sufriu unha rapaza de 16 anos a Noitevella en Lugo. Investígase nas imáxenes que recolleron as cámaras se gravaron a vítima e o agresor no seu percorrido

Dende o tramo peonil que hai a carón da muralla, onde presuntamente se atoparon, ata a praza da Bretaña onde o home meteu a menor na entrada dun garaxe, ata que tres rapaces, alertados polos berros da rapaza, conseguiron deter o agresor, un home de 36 anos que permanece en prisión acusado dun delito de agresión sexual.


 

Noticias web

05/01/2020